A Xunta somete a información pública o novo trazado da variante

corredorbrionnoia_100_030609.jpgNOIA> A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas retoma a Alternativa 2 para a construción da variante noiesa sobre a ría.

{flowplayer}barbanza/corredorbrionnoia.flv{/flowplayer}

Segundo informaron fontes da propia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o estudo informativo da alternativa 2 sométese a información pública, abríndose así o prazo de alegacións. Ó longo dos 30 días hábiles a partir da súa publicación no DOG este mércores poderase consultar o expediente que está exposto ó público na Dirección Xeral de Infraestruturas, na xefatura provincial de Estradas, nos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son e na propia páxina web do Departamento que dirixe Agustín Hernández.

Menos custos

A Consellería costeará as obras cun presuposto total de máis de 35 millóns de euros, o que implica unha redución do orzamento de case 30 millóns de euros, respecto da proposta do anterior Goberno bipartito, a Alternativa 1, que superaba con moito os 60 millóns de euros.

Dende Medio Ambiente sinálase que a alternativa 2, que podería estar rematada no ano 2011, evitará o núcleo de Eiroa e conectará co corredor Brión-Noia pola marxe esquerda da ponte de Ceilán, viaduto do río Tambre.

O cambio de trazado, respecto do plantexado na anterior lexislatura polo Goberno bipartito, responde á necesidade de conectar o final da ponte co corredor Brión-Noia, coa finalidade de ofrecer aos cidadáns unha auténtica variante.

O obxectivo do novo proxecto é unir as dúas marxes da ría de Noia e estas con Santiago de Compostela, Porto do Son e Muros, evitando o paso dos tráficos de tránsito polo casco urbano da cidade, que deste xeito verase sensiblemente desconxestionado.

Outras actuacións

Ademais, a Xunta de Galicia impulsará a construción dunha estrada convencional entre o corredor Brión-Noia e a estrada de Boiro, así como un plan de sinalización e mellora de viais no Concello de Lousame.

O proxecto avalado agora pola Xunta é máis factible dende o punto de vista económico, xa que require un investimento menor xa que o trazado é máis curto e precisa menos viadutos, túneles ou enlaces.

Menor impacto ambiental

Tamén o é dende o punto de vista ambiental, xa que implica un menor impacto na práctica totalidade dos indicadores estudados e é tamén máis ventaxoso dende o factor territorial, porque ten unha mellor conectividade coas vías principais da zona, xa que esta infraestrutura conectará cos dous extremos do Concello de Noia.

Cómpre sinalar que como non se produciron cambios substancias nos elementos esenciais que serven de base para a formulación da Declaración de Impacto Ambiental, DIA, e como o tempo transcorrido dende o primeiro informe non é superior aos cinco anos, este proxecto non precisará dunha nova tramitación ambiental.

Dende a Xunta sinalan ademais que o procedemento construtivo da variante, e moi especialmente a do viaduto sobre a ría, está pensado para minimizar ó máximo posible o impacto sobre a zona marítimo terrestre, garantindo a non afección ós espazos de produción marisqueira.

Redacción Barbanza