Incendio sen vitimas nunha perruquería

incendio_perruqueria_noia.jpgNOIA> As causas do suceso aínda están por esclarecer con todo, puido tratarse dunha cabicha mal apagada

{flowplayer}barbanza/incendio perruqueria noia.flv{/flowplayer}

Eran preto da unha da tarde cando a dependenta que queda no establecemento e a clienta que atendía, comezaron a cheirar a queimado no interior desta perruquería situada no número catro da rúa Xosé Suárez, en Noia. Asustadas correron ata o cuarto de atrás, de onde viña o cheiro, e alí atoparon un pequeno incendio.

Consecuencias

Por casualidade, unha dotación de bombeiros da localidade pasou preto do lugar e comezou as tarefas de extinción. Nun primeiro momento pensouse que as lapas afectaran o xerador eléctrico colidinte pero, cando se restableceu a calma, determinouse o verdadeiro alcance do lume.Con todo, o incendio, cuxas causas se descoñecen, non durou máis de vinte minutos. Tampouco houbo ningún ferido porque tanto a dependenta como a cliente que se atopaban no interior saíron cando comezou o lume. Ata o lugar do suceso trasladouse o Grumir e os bombeiros de Boiro e Noia.

Redacción Barbanza