A ‘Bazarra’ adxudícase o Trofeo Galicia de dornas

dornas250_150909.jpgCAMBADOS> Cambados acolleu a X Regata do Albariño. Era a última proba puntuable para o Trofeo Galicia que finalmente levouse a “Bazarra”, da Illa, patroneada por Larry Iglesias.

Esta fin de semana celebrouse a X Regata de Dornas do Alabriño, que anualmente organiza o Club Mariño Salnés de Cambados. A cita aprazarase o pasado 8 de agosto pola gran intensidade do vento que impedía a navegación en condicións seguras.

O Trofeo Galicia de Dornas a Vela quedaba por tanto pendente de resolución unha vez disputáranse as outras dúas probas na Illa e no Grove. Tan só restaba a de Cambados.

Como era de agradar, a favorita non error e levouse o título. A Bazarra, da Illa, patroneada por Larry Iglesias, rematou terceira e iso servíulle para reter o liderato. A proba gañouna Pereka, que se impuxo ó resto das súas trinta rivais, nunha carreira que se prolongou durante algo máis de dúas horas.

Tras esta regata e coa finalización do Trofeo Galicia quedarán por disputarse aínda algunhas proba soltas esta temporada como a organizada con motivo da Festa do Marisco do Grove, en outubro, ou a da vindeira fin de semana en Porto Meloxo, tamén no Grove.

Redacción Salnés