O taekwondo pontevedrés presume de canteira

PONTEVEDRA> O taekwondo pontevedrés tamén podería ter o seu representante en Río 2016. O deportistas do Mace Sport Xián Silva aspira a conseguir unha praza de suplente dentro do equipo español que viaxe á cita olímpica. Pero Silva non é a única promesa deste deporte que dá o club pontevedrés: tamén destacan nas súas categorías o irmán de Xián, Unai Silva, e Sara Cortegoso. Os tres foron recibidos esta mañá polo alcalde de Pontevedra e a concelleira de deportes.

 

Con só dezanove anos, Xián Silva xa leva varios títulos as súas costas. Os últimos, subcampión de Europa sub-21 e campión de España desta categoría no peso de menos de 80 kg. De feito, os seus bos resultados poderían levalo a Río 2016.

A curto prazo, no seu calendario hai máis retos. En novembro participará no Europeo Sub-21 en Romanía. Unha cita que xa prepara dende o Centro de Alto Rendemento de Madrid.

Aínda que máis novos, dous dos seus compañeiros de equipo tamén animan á esperanza. Sara Cortegoso pechou esta tempada con medallas no Open de Holanda e no de Grecia na categoría júnior. Unai Silva, de 13 anos e irmán de Xián, ven de gañar o bronce no Campionato de Europa cadete, e xa mira cara o mundial que se celebrará en agosto en Corea.

Os tres foron recibidos esta mañá polo alcalde de Pontevedra e pola concelleira de deportes. Miguel Anxo Fernández Lores e Anxos Riveiro quixeron felicitalos en persoa polos éxitos desta temporada. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/campionato_taekwondo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/campionato_taekwondo.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí