POIO> Sonia Álvarez, a axente da Policía Local de Poio que acadou tres medallas nos últimos Mundiais de Policías e Bombeiros celebrados en Nova York, recibíu onte a súa merecida homenaxe no concello, nun acto no que participou o alcalde Luciano Sobral.
{flowplayer}images/salnes/poio_130911.flv{/flowplayer}
Xunto ó alcalde, a edil de Deportes Maragarita Caldas así como compañeiros da Policía e patrocinadores. Todos quixeron homenaxear a Sonia pola súa exitosa participación nos Mundiais de Policías e Bombeiros celebrados en Nova York recentemente. Alí acadou tres medallas, un ouro e dúas pratas, todas elas en natación.
O alcalde Luciano Sobral animouna a seguir polo mesmo camiño, no que sirve de embaixadora de Poio por todo o mundo.
Ademais das tres medallas acadadas, Sonia Álvarez quedouse coa mel nos beizos noutras dúas probas nas que finalizou cuarta. Agora non quere parar e preparará xa o Europeo do vindeiro ano, no que o seu obxectivo volverá a ser baixar as súas propias marcas.
Redacción Salnés