Javier Chacón adxudícase a Pontevedra – Vigo – Pontevedra

ciclismo250_300408.jpgPONTEVEDRA > Como nun princpio se agardaba a Pontevedra – Vigo – Pontevedra foi un éxito, tanto no plano organizativo coma no deportivo. Centos de afeccionados encheron o percorrido, especialmente na liña de meta, situada na Alameda.

Javier Chacón, corredor do Cafemax Contempolis, alzouse coa victoria na Pontevedra – Vigo – Pontevedra, unha proba, que volvía depois de estar 37 anos sen disputarse e como se presumía, resultou ser un éxito en tódolos aspectos. Con todo, non se podía esperar máis que un emocionante final, e así foi.

Despois dunha escapada fraguada no alto do Lago Castiñeiras e dun vertixinoso descenso, quedaron en cabeza liderando a proba un terceto composto por Javier Chacón, Sergio Casanova e entre eles, un corredor do Superfroiz, Marcos García, que remataría terceiro.

Casanova e Chacón disputáronse a vicltoria nun polémico final no que o propio Casanova acusou ó seu compeñeiro de fuga de empurralo co ombreiro na entrada en meta. Os xuíces déronlle-la victoria finalmente ó alicantino Chacón desoíndo as protestas do corredor do Comunitat Valenciana. O Suerpmercados Froiz levouse a xeral por equipos e pasa a liderar esta clasificaciómn con 110 puntos, polos 109 do Comunitat Valenciana.

Esta carreira supoñía a séptima proba da Copa de España de ciclismo para categorías elite e sub-23. Trala disputa da mesma continúa a lidera-la clasificación xeral o aundaluz Antonio Olmo, do Fuerteventura-Canarias.

A proba entrou dentro do programa de actividades que a Deputación Provincial incluíu na Semana do Deporte.

Redacción Salnés