O bo tempo permite unha vendima máis selectiva e ordenada

    vendima_100_240909.jpgCAMBADOS> A deste ano está a ser a vendima máis lenta da historia da denominación de orixe Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/vendima240909.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A deste ano está a ser a vendima máis lenta da historia da denominación de orixe Rías Baixas. Estes días, no Salnés, non hai as ringleiras habituais de tractores ás portas das adegas para descargar a uva. E a culpa desto é do bo tempo.

    Este improvisado verán que chegou en setembro fai que as adegas se tomen con calma a vendima. En Martín Códax xa comezaron o luns a vendimar, ó igual que na outra adega cambadesa Condes de Albarei, mentres que noutras cooperativas como Vitivinícola Arousana, de Meaño, inda empezan hoxe. Os técnicos aseguran que a sanidade da uva está perfecta e explican que o clima lles está a permitir incluso manter o grao alcohólico.

    A pesar desta calma, nas adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas teñen todo a punto para recibir a uva. O novo regulamento do Consello Regulador permite este ano aumentar o tope de uva para cada viticultor, que se achega ós 12 mil quilos por hectárea. Os técnicos aseguran que a colleita deste ano podería superar a calidade do ano pasado e superar os 22 millóns de quilos en toda a Denominación de Orixe.

    Redacción Salnés