Máis de 1.500 músicos participarán no Certame de Bandas da Deputación

certame_bandas100.jpgPONTEVEDRA> O Pazo de Cultura acollerá os vindeiros días 2, 3 e 4 de outubro o Certame de Bandas de Música da Deputación.

{flowplayer}images/salnes/certame_bandas.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá os vindeiros días 2, 3 e 4 de outubro o Certame de Bandas de Música da Deputación.

Esta mañá fíxose a súa presentación, na que estiveron o vicepresidente e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, xunto coa representante da Fundación Caixa Galicia, Verónica Rego. Nesta ocasión, contarase cun total de 19 agrupacións musicais, e con máis de 1.500 intérpretes. Verónica Rego quixo destacar a importancia deste tipo de colaboracións que permiten o aumento da participación máis nova neste tipo de actos.

Nesta ocasión repartiranse 74.000 euros en premios. A cantidade a entregar dependerá da sección na que se encontren as agrupacións musicais, onde se diferencian ata catro categorías dependendo do número de integrantes. José Juan Duran sinalou que o número de participantes aumentou con respecto á edición pasada, o que da a entender o interese que este certame esperta entre as bandas de música. As agrupacións terán que interpretar dúas obras: unha proposta pola organización, e outra de libre elección.

Redacción Salnés