Varias asociacións acotan o campionato de Trial en Xiabre

    trial_100.jpgVILAGARCÍA> Esta fin de semana vaise a celebrar no Monte Xiabre, entre os concellos de Vilagarcía, Caldas de Reis e Catoira a Primeira proba da Copa…

     {flowplayer}images/salnes/250309_Xiabre.flv{/flowplayer}

    … de España Trial de 2009. Unha importante proba deportiva que ven precedida dunha intensa polémica. As asociacións culturais Xesús González Aboi, Barosa e o Arrieiro veñen de presentar un escrito para pedir que dita competición respecte o importante entorno medioambiental e patrimonial.

    Segundo as anteditas asociacións, estes paraxes posúen un importante valor paisaxístico, medioambiental e xeolóxico, no que podemos atoparnos desde destacadas mámoas, ata castros ou petroglifos.

    Pola contra a organización do evento non entende esta serie de protestas, posto que eles, cada vez que celebran un certame deste tipo, encárganse de deixar o monte máis limpo de lixo do que o encontraron. Declaran ademais, que intentaron poñerse en contacto varias veces cos membros da Asociación cultural Xesús González Aboi, sen obter outra resposta ata o de agora que ameazas e denuncias.

    Esta polémica podería estar ademais prexudicando ó desenrolo desta proba no seu aspecto máis sensible: o económico.

    O que si é certo é que independentemente do trazado resultante, este sábado e domingo, os amantes dos deportes de motor teñen unha cita neste Monte Xiabre.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.