Cacabelos asegura que demostrará ante o xuíz que actuou ‘conforme á lei’

    cacabelos_100_230909.jpgO GROVE> O alcalde responde así ás acusacións de prevaricación, falsidade documental e tráfico de influencias feitas polo promotor Óscar Miniño.

    {flowplayer}images/salnes/230909_cacabelos.flv{/flowplayer}

    ‘Estou moi tranquilo e convencido da miña actuación. Aquí non hai nin o menor rastro destas acusacións’. Esta é a resposta do alcalde do Grove ante a demanda que o promotor Óscar Miniño vén de ratificar ante os Xulgados de Cambados. Miniño acusa a Cacabelos de irregularidades na adxudicación das obras do novo edificio administrativo que se está a construír na rúa Cándido Acuña. Un dos principais argumentos que esgrime o empresario, é que o estudo de arquitectura que redactou o proxecto é o mesmo no que traballa o irmán do alcalde. Como dato, apuntar que o construtor foi un dos que optou no seu momento á adxudicación das obras, un concurso que perdeu.

    José Antonio Cacabelos considera que o ataque do empresario é directo contra a súa persoa e non contra o concello. Pero advírtelle: antes de denunciar as obras impulsadas polo goberno local, que vixíe a actividade da súa empresa.

    A polémica conta cun terceiro implicado: o Partido Popular do Grove, quen non tardou en apoiar a campaña iniciada por Miniño. Agora Cacabelos acúsaos de manter unha actitude hipócrita, xa que hai un ano, apoiaron sen reparos a adxudicación do proxecto.

    Ademais do edificio administrativo, Miniño prevé ampliar esta denuncia e incluír nela outras obras que se están a realizar con cargo ó Plan E, como as de Porto Meloxo e O Sineiro ou a rúa do centro de saúde, por considerar que nelas tamén se cometeron irregularidades.

    Redacción Salnés