Portos investirá 125 mil euros en mellorar a lonxa de Ribeira

    melloraslonxaribeira_100_280909.jpgRIBEIRA> Portos de Galicia acometerá un plan de choque para mellorar o contorno e o interior da lonxa de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/melloraslonxaribeira.flv{/flowplayer}

    Á espera de que se acometa a construción da nova lonxa de ribeira, Portos de Galicia anunciou a posta en marcha dun plan de choque para mellorar as deficiencias que presentan as actuais instalacións, que xa foron denunciadas en varias ocasións polos usuarios.

    As obras, que se van acometer nas vindeiras semanas, consistirán na pavimentación con formigón do contorno da lonxa. No interior do inmoble procederase á colocación de defensas de protección das paredes e piares. Serán en total 140 metros de varanda de aceiro inoxidable e doce unidades de defensas nos piares.

    Tamén se procederá á reparación de dez portas exteriores de corredeira, dezaoito interiores dos departamentos, dous portalóns de entrada e oito portas de cámaras frigoríficas. Finalmente procederase ó alicatado coa reposición de tres filas de azulexos.

    Esta actuación, presupostada en máis de 125 mil euros, ten por obxectivo mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos usuarios da rula xa que na actualdiade o estado que presentan as instalacións non é o máis axeitado.

    Redacción Barbanza