A plataforma pola gratuidade ve un retroceso rematar co préstamo

    gratuidade_libros100.jpgVILAGARCÍA> A Plataforma Galega pola Gratuidade dos libros de texto xa ten constituída a súa delegación na zona do Salnés-Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/gratuidade_libros.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Plataforma Galega pola Gratuidade xa ten constituída a súa delegación na zona do Salnés-Arousa. Este venres fíxose a súa presentación oficial no auditorio de Vilagarcía. Nela expuxéronse as causas polas que se levou a cabo a creación desta plataforma.

    Dende este colectivo, consideran que a retirada do sistema de préstamo de libros significa un paso atrás por parte do goberno da Xunta. Este medida finalizará para o ano 2013, cando remate o ciclo de catro anos para estes libros escolares. Antonio Rosales quixo deixar claro que non hai ningún tipo de interese político detrás de todo isto como se viñera especulando, o único que se pretende é defender os dereitos tanto de pais como dos alumnos.

    Dende a plataforma consideran que este sistema de préstamo, que fora implantado polo anterior goberno do PP e que seguiu empregando o bipartito, é positivo tanto para as economías das familias así como para a educación dos propios rapaces, que teñen que responsabilizarse do bo mantemento dos libros. Tamén se fala da negatividade da axuda solidaria que puxo en marcha a Xunta, onde se lle conceden as familias de renda mínima 180 euros, cota que non chega para pagar a totalidade dos libros e que pode prexudicar ó rapaz.

    Amais, a Plataforma Galega pola Gratuidade considera que esta medida suporía un maior desembolso económico para o actual goberno galego, unha vez que afectase á totalidade do alumnado. Tamén se falou das editoriais, ás que se lle achacou parte da culpa, posto que xa dende que se implantara o sistema de préstamo de libros veuse criticando por este colectivo. A reunión tamén se levou a cabo co fin de que os pais e ANPAS interesados recibisen toda a información ó respecto.

    Redacción Salnés