POBRA > Faise eco das denuncias de veciños que se queixan pola falla de control do executivo sobre a empresa concesionaria do servizo de auga
Para os membros do BNG pobrés a actitude que está amosa-la empresa Aquagest non está a se-la máis apropiada, a tenor das numerosas queixas que reciben por parte dos veciños.
Servizo irregular
Segundo o responsable local desta formación política, Severino Romero Davila, son moitas as persoas que lles amosaron o seu malestar polo mal trato dispensado pola empresa concesionaria do servizo de auga e saneamento, poñendo como exemplo cobros que se reciben sen previo aviso, tardanza no arranxo das avarías ou mesmo presupostos desproporcionados dunha semana para outra.
{flowplayer}barbanza/bngpobraaguagest.flv{/flowplayer}
Os nacionalistas pobreses solicitanlle ó concello que asuma responsabilidades, xa que se trata dun servizo público.
Cambio no contrato
A voceira do BNG na Pobra do Caramiñal vai máis alá e sinala como principal foco do problema o convenio asinado hai dous anos por parte do concello coa empresa, que provocou un cambio no contrato de arrendamento polo de concesión.
Redacción Barbanza