Outes acollerá este verán un campo de traballo internacional

    OUTES> O concello de Outes acollerá este verán un campo de traballo Internacional. Na iniciativa participarán vinte mozos de diversos países que traballarán na recuperación dun muíño e dunha ruta de sendeirismo. Vinte mozos de entre dezaoito e trinta anos participarán no Campo de Traballo Internacional ‘Horta do Muíño’ que se desenvolverá en Outes entre o dezasete e o vinte e oito de xullo. O obxectivo desta iniciativa de carácter etnográfico e medioambiental é revitalizar o turismo na zona a través da recuperación de elementos patrimoniais que supoñen un factor de atracción para os visitantes. Ademais do traballo diario que se publicará nun blog, os mozos desfrutarán dunha oferta de lecer complementaria con actividades culturais e deportes náuticos. Con estes programas, a Xunta busca promover a educación non formal entre a mocidade a través do voluntariado. Ó longo deste ano, a Consellería de Traballo ofertará un total de vinte e dous quendas en dezanove campos de traballo en toda Galicia con 475 prazas.