![]()
CALDAS> Un home de 73 anos faleceu onte á noite en Caldas, ó ser atropelado por un camión.
{flowplayer}images/salnes/ATROPELO_MORTAL_CALDAS.flv{/flowplayer}
O suceso tivo lugar ás 22.20 horas nunha na estrada N550, á altura de Carracedo. O ancián dirixíase, como cada día, a un bar cercano. Os testigos descoñecen como foi exactamente o accidente, pero afirman que a vítima, veciña de Casalderrique, en Caldas de Reis, sempre camiñaba pegado ó borde da liña e sen chaleco refletante. Tralo impacto, os veciños saíron a socorrelo ancián que continuaba con vida
pero mal ferido. Faleceu pouco antes de chegala asistencia sanitaria que non puido facer nada por reanimalo.
A Garda Civil realizou a proba da alcoholemia ó condutor do camión, de 27 anos e veciño de Pontevedra, que deu negativo.
Redacción Salnés









