VILAGARCÍA> Manuel Ríos é un veciño de Vilagarcía que por unha doenza depende da unidade da dor do Hospital de O Salnés, por unha dor intensa nas costas que se estende ata as pernas. Debería de levar unha filtración cada dous meses para aliviar a súa doenza, a pesar de que tiña vez para o mes de febreiro leva dende decembro esperando a súa quenda para o tratamento.
Ríos afirma que debería darlle vez cada pouco tempo, e sinala que o fan “de ano en ano”.
Este veciño de Vilagarcía, de 70 anos de idade, sinala que polo de agora o único que lle receitaron para curar esa dor foron uns parches de morfina, que non pode utilizar polos seus efectos secundarios.
Manuel sinala que leva uns cinco anos padecendo estas dores. Visitou numerosos especialistas e o único que alivia a súa dor é a filtración que lle fixeron no Hospital de O Salnés, así que insiste que continuará pelexando por conseguir que lle saquen ese dor, que segundo él mesmo afirma faise máis insoportable cando chega a noite.
Inicio crb