Os veciños de Oubiña desesperados cos vertidos no río Pequeno

    bng_cambados_copia100.jpgCAMBADOS> O portavoz municipal do BNG, Víctor Caamaño, xunto con veciños de Oubiña, en Cambados, reclamou medidas para frear a continua contaminación do río Pequeno.

     {flowplayer}images/salnes/BNG_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Os veciños de Oubiña, a través dos representantes do BNG no concello de Cambados, reclaman medidas para acabar cos constantes episodios de contaminación do Río Pequeno. Todo apunta a que poden proceder de algunha das fábricas instaladas no parque empresarial de Sete Pías. O portavoz do Bloque, Víctor Caamaño, afirmou que as empresas están aí legalmente pero que carecen dun sistema de depuración de residuos.

    O Bloque Nacionalista Galego presentou no Concello de Cambados e no Parlamento Galego unha iniciativa reclamando medidas urxentes. Os nacionalistas recordan nas denuncias presentadas que chegaron a contabilizarse ata máis dun vertido á semana. Sen embargo, Caamaño sentenciou que ningunha institución ofrece unha resposta.

    Dende as filas do BNG presentáronse preguntas ó Concello ó que sinalan como máximo responsable da contaminación

    O río Pequeno leva dous anos sendo obxecto de constantes vertidos, a maioría de carácter industrial que cobren a superficie da auga dun líquido lechoso.

     Redacción Salnés