O BNG aposta por potenciar o sector vitivinícola

CAMBADOS> A candidata ao Congreso do BNG, Carme da Silva, e a portavoz da formación, Ana Pontón, visitaron esta mañá a adega Martín Códax. As nacionalistas destacaron a importancia e alta calidade do sector vitivinícola galego. Tamén deron a coñecer as súas propostas de mellora para que as adegas sigan crecendo.

O viño é o principal produto do sector agrícola galego. A viticultura cubre case a quinta parte das exportacións da agricultura. Resaltando esta importancia, a candidata ao Congreso do BNG, Carme da Silva, e a portavoz da formación, Ana Pontón, visitaron esta mañá a adega Martín Códax. As nacionalistas puxeron en valor a gran calidade do produto da DO Rías Baixas.

A portavoz do BNG tamén destacou a calidade, innovación e recoñecemento do sector vitivinícola. Ademais, Ana Pontón, analizou os retos que ten por diante este sector e as súas propostas para melloralo.

Outro reto é seguir avanzando na profesionalización das adegas e os colleiteiros. Apostando pola innovación, por contratar a xente nova e polos contratos homologados.

O BNG tamén avoga por potenciar a relación entre o turismo e a producción vitivinícola.

E a última das propostas do BNG dentro deste sector é apostar pola marca de calidade e a diferenciación do viño galego.

Segundo o BNG, a defensa do sector vitivinícola e da capacidade produtiva de Galicia son dous dos principais eixos sobre os que traballa a formación. Destacaron a importancia de que Galicia teña voz propia para poder defender a este sector a nivel nacional e internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí