As Confrarías demandan máis vixilancia contra o furtivismo

    furtivismo_100_141009.jpgCAMBADOS> A Federación Provincial de Confrarías agarda que Mar solucione canto antes a situación dos axentes de Inspección Pesqueira.

    {flowplayer}images/salnes/141009_furtivismo.flv{/flowplayer}

    A tensión entre mariscadores e furtivos está a acadar cotas preocupantes nas Rías Baixas. Segundo o Presidente da Federación Provincial de Confrarías, Benito González, sucesos como o deste luns en Cabo de Cruz, onde o coche dun vixilante caeu ó mar supostamente por obra dos furtivos, son illados, pero lonxe de restarlle importancia, Benito González incide na necesidade de reorganizar o sector e fortalecer a vixilancia nas praias.

    Un furtivismo que se vai amoldando ós tempos e adoptando novas modalidades, pasando de roubar o marisco en terra a mergullarse no mar. Sobre todo agora que está a piques de abrir a campaña do centolo. Benito González insiste que a mellor arma para loitar contra esta lacra é reforzar a vixilancia nas praias. Pero non é suficiente co persoal do que dispoñen as confrarías. González pide á consellería do Mar que solucione canto antes a situación dos axentes de Inspección Pesqueira para que poidan entrar a traballar xa nas praias, sobre todo nas zonas máis conflitivas.

    Ademais de Cabo de Cruz, outro dos puntos negros atopámolo en Cabío, na Pobra do Caramiñal, onde os mariscadores reducindo a actividade no areal ante a escaseza de recursos. Unha situación que achacan á esquilma dos furtivos durante o verán, consecuencia, de novo, da falta de vixilancia. Pero neste punto, o Presidente da Federación advirte que non todo é queixarse. As Confrarías, insiste, tamén deben responsabilizarse do bo funcionamento das súas zonas de traballo.

    Redacción Salnés