Cambados sanciona á empresa que verteu no río Pequeno

    aragunde100.jpgCAMBADOS> O Concello sancionará a un cocedoiro de Sete Pías como responsable dun vertido detectado no río Pequeno.

    {flowplayer}images/salnes/aragunde_responde_bng.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O Concello de Cambados sancionará a un cocedoiro do polígono Sete Pías como responsable dun vertido detectado a principios deste mes no río Pequeno, en Oubiña. Unha patrulla da Policía Local, xunto con técnicos de Espina -concesionaria do saneamento- constataron no lugar que os vertidos procedían desta empresa, que xa conta con antecedentes.

    O alcalde cambadés saíu hoxe ó paso das acusacións feitas onte polo BNG. Aragunde desminte que os vertidos ó río Pequeno se deban a unha mala planificación do Polígono Industrial e afirma que Sete Pías conta con tódolos servizos.

    Para o rexedor, a solución ós vertidos ilegais depende en gran medida do grao de concienciación dos empresarios, pero tamén da colaboración veciñal, para que denuncien estes feitos ante o Concello.

    Redacción Salnés