O PP anima a Cati González a seguir á fronte da ‘nena bonita’ de Galicia

    presentacioncatalinaglez100_230307.jpgSANXENXO > Unha noite especial. Así a definiu Catalina González ante un auditorio completo na súa presentación como candidata

    … á alcaldía de Sanxenxo. González Bea contou co respaldo de Rafael Louzán, Alberto Núñez Feijóo, e do ex alcalde Telmo Martín. Moito ánimo e loanzas se escoitaron, pero ningunha dúbida de que seguirá sendo alcaldesa o 28 de maio, e xa co respaldo dos electores.

    presentacioncatalinaglez200_230307.jpgO Pazo Emilia Pardo Bazán quedouse pequeno para a presentación de Catalina González como candidata á alcaldía de Sanxenxo. A actual alcaldesa contou ademais co respaldo dos presidentes rexional e provincial do partido e tamén do seu antecesor, Telmo Martín. Todos definiron a Catalina González como unha persoa decidida, con ilusión e capaz de manter a Sanxenxo como a ‘nena bonita’ de Galicia, e por iso non dubidan que terá o apoio dos votantes o 27 de maio.

    Da súa experiencia deu logo boa conta a propia candidata. Catalina González fixo un repaso dos logros acadados para Sanxenxo polo PP no eido dos Servizos Sociais. E por ese camiño irá o seu proxecto de goberno. De seguir na alcaldía, agora xa co apoio dos electores, comprometeuse a que en 4 anos non haberá un rapaz sen praza de gardería, nin un mozo sen acceso a unha vivenda feita por Ínsula a prezo de costo, nin un maior e dependente sen atención primaria. Unha tarefa para a que asegura ter decisión e experiencia para cumprila.

    O presidente do PPdeG arrancoulle outro compromiso a Catalina González. Feijóo pediulle que non fixese como BNG e PSOE na Xunta, que non fose alcaldesa se non gañaba as eleccións e así o afirmou a propia candidata: ‘Alberto, non te preocupes que eu non vou a gobernar sen ter maioría absoluta’.

    Redacción Salnés