VILAGARCÍA> Desaparece a cruz do miradoiro do Monte Xiabre. Foi roubada nunha xornada indeterminada da semana pasada. Persoas que adoitan camiñar pola zona dirixíronse ao concello de Vilagarcía para denunciar os feitos.
O goberno local lamenta o sucedido e considera a súa desaparición como un acto vandálico. A cruz ten escaso valor material, pero é un dos grandes símbolos de Vilagarcía, situado nun dos principais recursos turísticos do municipio.
Dende Ravella din non entender os motivos que levaron arrancala, despois de décadas presidindo ese espazo.
Operarios do concello tratan de localizar a cruz nas inmediacións, co obxecto de devolvela ao seu sitio. Se a busca non resultara positiva, estudarase se crear unha nova ou facer unha réplica da que ata a semana pasada presidía este espazo.











