A Conselleira do Mar presenta o programa piloto Mar Achega

    mar_100.jpgPOIO> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a Presidenta do Instituto Galego de consumo, Nava Castro participaron esta tarde en Poio na estrea do…

    {flowplayer}images/salnes/191009_mar_achega.flv{/flowplayer}

    … programa Mar Achega. Este proxecto piloto persegue achegar a veciños do interior de Galicia a realidade marisqueira das rías, para intentar así promocionar os productos frescos do mar entre os consumidores autóctonos. Con esta iniciativa o goberno galego pretende potenciar o consumo de productos frescos entre a cidadanía; unha vez que comprobaron sobre o terreo o proceso de captura, venda e depuración; antes de chegar ás nosas mesas.

    Neste caso os visitantes eran membros das asociacións de consumidores de Melide e a Estrada, que tras pasar a mañá na praia comprobando o desenrolo das labores extractivas; realizaron un percorrido polo caso histórico de Combarro, visitaron a Confraría de Pescadores de San Telmo. Xa pola tarde, asistiron a unha subhasta ó xeito tradicional na lonxa de Campelo e finalmente realizaron un percorrido polas instalacións dunha depuradora local. Durante toda a xornada, membros das confrarías de Pontevedra, Raxó e Lourizán explicáronlles ós detalles ás características de todo este proceso.

    Nesta proxecto piloto realizaranse un total de 10 visitas a 7 portos da comunidade a razón de cadansúas 50 persoas. O departamento autonómico xa baralla ampliar esta iniciativa durante o ano que ven.

    Redacción Salnés