POBRA> A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural de Galicia vén de denunciar o roubo dunha escultura do século XVII. A peza, catalogada como ben de interese patrimonial, estaba situada na fachada dun edificio situado na rúa San Lázaro da Pobra.
Hai algo máis dunha semana desaparecía unha escultura do século XVII deste edificio da Pobra. Trátase dunha peza catalogada e protexida por Patrimonio ó igual que toda a edificación situada na céntrica rúa de San Lázaro. Foi o director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán quen dou a voz de alarma ó ter constancia da desaparición desta escultura barroca de San Juan Bautista, duns sesenta centímetros de alto. Tras comunicarllo á a asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galega, esta denunciou os feitos e púxoos en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio e do concello da Pobra.
Dende a entidade fan un chamamento á colaboración veciñal para tratar de recuperar a peza. Chaman a atención sobre as plataformas de compra venda dixitais onde os ladróns poderían tentar comercializar a escultura.
Non é a primeira vez que este inmoble sufre un suceso similar. Hai agora dez anos desaparecía tamén da fachada unha representación da Virxe da Concepción