Durán fai entrega de axudas económicas a Liceo e Vilaxoán

axudas250_201009.jpgVILAGARCÍA> O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Juan Durán, fixo entrega onte das axudas económicas ó Liceo Casino de Vilagarcía e o Club de Remo Vilaxoán. Son 18.000 euros os que se levarán entre as dúas entidades, que se suman a outras que xa foron recibindo as súas respectivas subvencións nestas últimas semanas.

O Vicepresidente provincial, José Juan Durán, acudíu onte ó Liceo Casino de Vilagarcía para facer entrega dunha axuda de 14.000 euros á entidade local, cantidade que supera no 50% á entregada en anos anteriores. Estas axudas servirán para financiar actividades de vela, baloncesto e outros deportes que se practican no centro vilagarcián, pero tamén se empregarán para renovar infraestruturas e sufragar distintas actividades culturais.

Durán garantiu que a Deputación é consciente do gran esforzo da entidade e que por iso vai manter o nivel de colaboración destes últimos anos, e, ademais, estudará a posibilidade de emprender novas e estreitas liñas de colaboración co Liceo Casino de Vilagarcía, que se traduce nun maior importe nesta subvención.

Xa pola tarde foi turno do Club de Remo Vilaxoán, un acto no que participaron xunto a Durán o presidente Feliciano Suárez e o membro da directiva Manuel Tarrío. O remo Vilaxoán percibirá como axuda unha cantedidade de 4.000 euros. O vicepresidente provincial alabou a gran temporada feita polos diferentes equipos, tanto os sénior como os da base, e tamén o papel de excelente anfitrión levado a cabo este paswado verán cando organizaron o Ccampionato de España de traíñas.

Redacción Salnés