RIBEIRA> Catro xornadas compoñen o programa da segunda edición do Ciclo Muller e Saúde que organiza o concello de Ribeira. Desenvolveranse tódolos venres de outubro en horario de tarde, no centro cultural Lustres Rivas.
A saúde feminina volverá ser tema de debate nas xornadas Muller e Saúde que por segundo ano por en marcha o Centro de Información á Muller de Ribeira.
Nas catro sesións que se desenvolverán tódolos venres do mes de outubro abordaranse temas tan complexos como os mitos sobre a saúde mental das mulleres, a ansiedade e a depresión, o autocoidado emocional e os trastornos da alimentación. Estarán impartidas por destacadas profesionais en cada un destes ámbitos.
Os interesados en asistir poden reservar praza a través dun formulario colgado na web municipal ou contactando co CIM. Teñen opción de inscribirse ó ciclo completo ou a cada sesión de xeito individual. Aínda que vai dirixido principalmente a mulleres, o ciclo está aberto ó público en xeral.











