Trinta mozos galegos parten do porto de Rianxo nun cruceiro polas rías galegas

    RIANXO > Trinta mozos de diferentes puntos de Galicia partiron do porto de Rianxo para aprender a navegar veleiros. Dar a coñecer o litoral galego e fomentar a convivencia entre os rapaces son os obxectivos deste cruceiro polas Rías Galegas, unha actividade que estivo apadrinada polo director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e a delegada provincial, Tareixa Novo.

    cruceiro_300_170706.jpgEn total foron cinco as embarcacións nas que trinta mozos galegos tiveron a oportunidade de aprenderconceptos básicos da navegación a vela. Esta actividade encádrase na programación deseñada este ano pola Consellería de Xuventude para maiores de dezaoito anos. Seis monitores foron os encargados de supervisar as actividades e ensinar diversas técnicas de navegación ós participantes na singradura.

    Ademais de aprender a navegar, os participantes nesta singradura puideron observar a riqueza natural e paisaxística da ría de Arousa, facendo varias paradas en paraxes naturais cono a Illa de Sálvora. A concellería de Xuventude pretende así promocionar actividades destinadas ós mozos maiores de dezaoito anos, un segmento da poboación ó que se lle comeza a prestar ampla atención con propostas de ocio alternativo.

    Hai seis anos que se vén realizando este cruceiro. Comezou como ruta Xacobea para rememorar o camiño de Santiago a través da ría de Arousa e xa se converteu nunha das actividades máis demandadas como parte dos campamentos de verán. 

    Redacción Barbanza