Ruíz transmitirá a Educación as demandas dos pais do Coroso

    xuntanzapaiscoroso100.jpgRIBEIRA> Os pais dos alumnos do IES Coroso rexistraron un escrito no que recollen as súas preocupacións ante a transformación en centro integrado.

    {flowplayer}barbanza/xuntanzapaiscoroso.flv{/flowplayer}

    Lonxe de suscitar rexeitamento, os pais dos alumnos que cursan estudos no IES Coroso ven con bos ollos que Ribeira conte cun centro integrado. No que discrepan é na forma de proceder da Consellería de Educación que actuou de costas á comunidade educativa sen apenas darlle tempo para a reestruturación do mapa escolar.

    Reunión co alcalde

    Os representantes dos pais solicitaron o apoio do alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, quen se comprometeu a buscar vías que permitan minimizar os prexuízos ocasionados ós alumnos que cursan estudos neste centro.

    Así, xestionará coa consellería de Educación a posibilidade de establecer o próximo curso como ano de transición no que convivan de xeito simultáneo os novos ciclos cos cursos de Secundaria.

    O rexedor ribeirense comprometeuse tamén a habilitar medidas para facilitar o incremento de liñas regulares de transporte así como a estudar compensacións para os alumnos de bacharelato que non dispoñan de transporte ata os centros nos que deban cursar os estudos.

    Outras vías

    Os pais acolleron con satisfacción a boa dispoñibilidade do alcalde aínda que, á espera dunha resposta por parte da Consellería, seguirán en contacto coas ANPAS dos outros seis centros afectados en toda Galicia. Entre as medidas que se atopan en marcha, destacan os escritos remitidos á administración autonómica así como a queixa presentada ante o valedor do pobo.

    Redacción Barbanza