A UTE Liceo – Incat construirá o novo porto deportivo de Vilagarcía

    concesion_liceo100.jpgVILAGARCÍA> O Porto outorgou a concesión definitiva das dársenas 2 e 3 do peirao de Pasaxeiros á UTE Liceo Casino-Incat.

    {flowplayer}images/salnes/concesion_liceo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou outorgar a concesión definitiva das dársenas 2 e 3 do peirao de Pasaxeiros á UTE Liceo Casino-Ingeniería Civil del Atlántico.

    A concesión é para construír e explotar un novo porto deportivo, e a partir de hoxe, a adxudicataria ten de prazo dous anos para executar o proxecto. A Autoridade Portuaria espera que os pantaláns estean en funcionamento en primavera. Para Puertas, esta concesión é de máximo interese para o Porto porque, ademais de ampliar a zona de atraque para embarcacións deportivas, se recupera un área para usos cidadáns.

    Precisamente por este proxecto, o Liceo está inmerso nun conflito xudicial. Varios socios da entidade levaron ó xulgado a impugnación da asemblea na que se acordou a concesión de poderes ó presidente Álvaro Paz para continuar coa tramitación desta concesión. Puertas indicou que non recibiu ningún requirimento xudicial.

    O proxecto inclúe a creación de novas instalacións náutico deportivas con capacidade para 513 amarres, e tamén a construción da nova sede social do Liceo Casino, na parcela da antiga concesión de Astilleros Vilagarcía. A rampla do Cavadelo converterase nunha explanada para varada e servizo de embarcacións, e nela situarase a capitanía do porto deportivo. Inclúe ademais unha nova rampla de vela lixeira, máis accesible ó Centro de Tecnificación de Vela.

    Ó unificarse esta concesión coa de Alfogar, incorporaranse estes terreos á zona da nova sede do liceo, tamén se rehabilitará a vía entre a nave de Alfogar e o cauce do río do Con e prolongarase o paseo marítimo, ademais de eliminar a actual nave contruída sobre a desembocadura do Con. Por último, o Liceo renuncia ás súas actuais concesións no Peirao de Pasaxeiros, inda que ten dous anos para seguir utilizándoas, mentres non poida facer o traslado.O prazo da concesión é de 30 anos.

    Redacción Salnés