A área do Bornal converterase nunha zona de esparcimento

    sinas_copia_sinas.jpgVILANOVA> O plan contempla a retirada do campo de fútbol e a creación de zonas verdes.

    {flowplayer}images/salnes/ACONDICIONAMENTO_SINAS.flv{/flowplayer}

    Concello está a ultimar os detalles do proxecto que converterá, este ano, o contorno do campo de fútbol de As Sinas nunha zona de esparcimento e lecer. Á beira deste espazo completaranse os servizos do denominado areal do Bornal, para optar á bandeira azul. O obxectivo, é recuperar esta zona, agora degradada continuando cos plans do Goberno Local de poñer en valor toda a fachada litoral de Vilanova. Un proxecto, que busca o disfrute de veciños e visitantes.

    A primeira fase do plan, será a demolición do actual campo de fútbol, de 14.000 metros cadrados. Neste espazo, crearanse zonas verdes con árbores e vexetación non intrusiva, que bordearán os sendeiros de xabre e nos que se disporá mobiliario de descanso. Do mesmo xeito, vaise instalar un parque de xogos infantís e tamén un parque biosaudable con once aparatos de ximnasia. Ademais, acondicionarase un aparcamento con 90 prazas e a posibilidade de conexión coa rede WIFI en espazos abertos.

    A zona completarase coa instalación de duchas, sanitarios, un punto de vixía e un posto de socorro, requisitos indispensables para optar á bandeira azul. O proxecto do Concello tamén contempla a supresión de barreiras arquitectónicas.

     Redacción Salnés