VILANOVA> En Marea comprométese coa xente do mar. O líder da formación Luís Villares visitou esta mañá Vilanova de Arousa. Alí mantivo un encontro con representantes deste sector, para recoller de primeira man as reclamacións que, asegurou, trasladarán ao Congreso dos Deputados de conseguir representación na cámara. Tamén se reuniu con representantes dos comerciantes e das familias e traballadores da residencia Valle Inclán.
En Marea comprométese a levar ata o Congreso dos Deputados as inquedanzas dos traballadores do mar. O líder da formación visitou neste arranque de campaña Vilanova de Arousa, acompañado pola candidata á camara por Pontevedra.
Luís Villares rexeitou a suba das cotizacións para estas traballadoras aprobada recentemente polo goberno socialista, e apostou polo diálogo para solucionar estes incrementos de ata 50 euros nas cotas. Tamén se comprometeu a reclamar melloras nas condicións de xubilación.
No seu paso por Vilanova, Villares tamén se reuniu con representantes dos traballadores e familias da residencia de maiores Valle Inclán.
Outro colectivo co que se reuniu o líder de En Marea foi o dos comerciantes e autónomos da vila.