Os familiares dos usuarios do SAD de Vilagarcía denuncian o servizo que reciben por parte de Aralia

VILAGARCIA> As familias do servizo de atención ao fogar e dependencia de Vilagarcía denuncia as deficiencias na atención aos usuarios. Segundo explican, o cambio de empresa e de persoal desencadeou nunha decadencia do servizo. Entre as súas críticas sinalan a impuntualidade do persoal, o cambio continuo de coordinadores e incluso a súa ausencia nalgunha ocasión.

As familias do servicio de atención ao fogar e a dependentes de Vilagarcía denuncian as numerosas deficiencias na atención aos usuarios. Segundo explican, a decadencia do servizo comezou co cambio de empresa, dende que Aralia está ao mando. Entre as súas críticas atópanse a falta de continuidade e de puntualidade dos coordinadores.

As críticas comezaron por cinco familias pero na actualidade xa superan as 20, máis do 10% dos usuarios. Segundo explican, estas deficiencias do servizo causa desconfianza e temor entre os dependentes.

Segundo explican as familias, dende o concello sinalaron que recibiron un informe favorable do servizos. Dende as familias sinalan que este informe foi elaborado pola empresa sen ter en conta as críticas.

Antes este abandono aseguran que comezarán a mobilizarse.

As familias sinalan que sairán as rúas buscando unha solución urxente, xa que debido á situación e a idade dos usuarios non se poden permitir acudir aos xulgados e que a solución se demore.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí