Pesar na Barbanza polo falecemento da Condesa de Fenosa

    falecementocondesafenosa_100_23102009.jpgPOBRA> Carmela Arias y Díaz de Rábago estaba moi vinculada a Barbanza, sobre todo, ao concello da Pobra que a nomeou filla adoptiva.

    Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza.falecía na súa residencia de A Coruña, aos oitenta e nove anos de idade.

    {flowplayer}barbanza/falecementocondesafenosa.flv{/flowplayer}

    Durante todo o día as bandeiras da casa do concello de A Pobra ondearon a media asta como testemuña da condolencia pola morte súa morte. A Condesa de Fenosa, tiña moita vinculación con este concello, non en van, a súa familia materna, concretamente o seu avó o economista e sociólogo Joaquín Díaz de Rábago, era o propietario do pazo Casa Grande de Aguiar. Carmela Arias poseía o título de filla adoptiva do concello.

    Malia que sempre a súa residencia permanente estivo na cidade de A Coruña, a Condesa de Fenosa, durante anos, pasou longas estancia na Pobra. A súa naturaleza filantrópica leváronna a colaborar con numerosas asociacións da comarca a través da Fundación Pedro Barrie de La Maza, da que se fixo cargo tras a morte de seu marido e que presidiu ata o momento do seu falecemento.

    Redacción Barbanza