Maceiras confía no mantemento do servizo da Seguridade Social na Pobra

    POBRA O  alcalde da Pobra solicitará un informe ó Ministerio de Traballo sobre o futuro das oficinas da Seguridade Social na localidade.

    Despois de escoita-las críticas dos membros da agrupación socialista sobre o posible traslado das actuais oficinas da Seguridade Social da localidade para Ribeira, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, ten previsto solicitarlle un informe ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais sobre as previsións existentes para este servizo.seguridadesocialpobra_200_180107_1.jpg

    O rexedor pobrés amosou a súa estrañeza ante o posible peche da actual oficina da Seguridade Social na localidade como sinalaban os membros da agrupación socialista.

    Debido á importancia do asunto xa decidiu tamén incluír este punto na orde do día do pleno que se celebrará a vindeira semana.

    Redacción Barbanza