POBRA> Os traballos consistirán na limpeza de maleza do bordo e dos cascallos depositados no fondo e na canalización do leito do rio.
A Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas da Xunta está a realizar unha actuación de limpeza e acondicionamento nas marxes do río Morto ao seu paso polo lugar pobrés de A Devesa.
Os traballos consistirán na limpeza de maleza do bordo e dos cascallos depositados no fondo e na canalización do leito do rio. O alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras achegouse para inspeccionar o desenvolvemento dos traballos, que xa foran demandados en varias ocasións polos veciños da zona.
{flowplayer}barbanza/limpezariomortopobra.flv{/flowplayer}
Os traballos consistirán, ademáis da limpeza de maleza e cascallos, na canalización, ca finalidade de evitar os continuos asolagamentos que se producen en épocas de chuvias neste treito do rio e que perxudican as vivendas lindeiras e o tránsito de vehículos na estrada comarcal.
Paseo fluvial
Na vindeira xuntanza que o alcalde pobrés manterá co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández prevista para este xoves, Maceiras recuperará un proxecto de paseo fluvial para enlazar esta zona do lugar da Devesa con Pontenaveira, orzamentado en máis dun millón de euros, que se redactou no ano 2007, pero para o que non atopou aínda financiación. O proxecto contempla a construción dun vial para o tránsito de vehículos e un paseo peonil ao longo do río con zonas habilitadas para o estacionamento.
O rexedor pobrés espera que desta volta, este proxecto, unha vella reinvidicación veciñal, poida convertirse en breve nunha realidade.
Redacción Barbanza