A Boqueira de A Negral será escenario esta fin de semana do I Torneo 3×3 Concello de Boiro

BOIRO> As pistas de A Boqueira de A Negral serán este sábado e o domingo escenario do primeiro torneo 3×3.

A competición, organizada polo Club Santa Baia, en colaboración co Concello, reunirá a equipos das categorías sub-15, sub-18 e master, chegados dende diferentes puntos da xeografía nacional.

O edil de Deportes, Marcos Fajardo, valorou moi positivamente a realización deste torneo, que se enmarca na política de promoción deportiva que se fomenta dende o Concello.

A actividade ten coma principal finalidade dar visibilidade a unha modalidade deportiva a alza nestes momentos, ademais de servir de antesala á liga nacional que terá lugar esta vindeira temporada na que participará tamén o CB Santa Baia.