RIBEIRA> Ribeira será un dos trinta concellos de toda Galicia nos que a Xunta desenvolvera actividades para festexar o Día da Xuventude. Será o domingo 26 de febreiro, en xornada de tarde, na carpa multiusos existente a carón do mercado municipal.
Entre as actividades que se lle ofertarán ós mozos atópanse distintos obradoiros con temáticas variadas como é o caso da alimentación saudable, concienciación ambiental ou talleres de igualdade.
Tamén haberá un apartado para a música, coa actuación do músico local Dani Recho.