O Consello Galego de Pesca analiza as consecuencias do Brexit

BARBANZA> O pleno do Consello Galego de Pesca, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas do naufraxio do ‘Sin Querer Dous’, analizou o resultado das negociacións para a aprobación dos TAC. A Conselleira do Mar destacou o bo estado dos caladoiros onde faena a flota galega que acadaron o rendemento máximo sostible.

Sen embargo, foi o Brexit o que centrou boa parte do debate do Consello. Rosa Quintana dou conta da xuntanza mantida co comisionado europeo para o bBrexit, Michel Barnier, sobre os termos que regularán a saída do Reino Unido de Europa en materia pesqueira.

Neste sentido, a Conselleira informou que a Xunta encargará ó Instituto Universitario de Fondos eeurpeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña un novo informe sobre a acyial situación e as posibilidade para conformar o acordo de pesca co Reino Unido. Farao unha vez se clarifiquen os termos que rexerán o proceso de saída do Reiino Unido.