Consternación en Leiro pola morte de dous pescadores

    afundimentolancharianxo_100_281009.jpgRIBEIRA> O suceso, que tiña lugar ó mediodía de onte, produciuse na zona coñecida como Punta Carreiro, en Aguiño, onde un golpe de mar provocaba o afundimento da lancha na que viaxaban.

    {flowplayer}barbanza/afundimentolancharianxo.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver correponden coa chegada ó porto de Aguiño dos equipos de salvamento co corpo sen vida de Tino Rodríguez, o pescador rianxeiro que continuaba desaparecido despois do afundimento da súa embarcación no mediodía de onte.

    Paso do Carreiro

    O suceso producíase onte ó mediodía na zona do Paso do Carreiro en Aguiño. Un lugar moi coñecido polos mariñeiros da zona dado a súa perigosidade como nos comentaba o propio patrón maior de Aguiño, Xosé Manuel Oujo.

    Golpe de mar

    Ó parecer a lancha na que ían os tres mariñeiros emborcou por un golpe de mar cando regresaban a terra despois dunha xornada de pesca. Nese momento na zona do afundimento rexistrábanse ondas de entre tres e catro metros de altura.

    Imaxes de dor

    Ata o peirao aguiñense achegáronse numerosos amigos e familiares do falecido, que con claras mostras de dor agardaron ata a chegada do médico forense que certificiou a súa morte e procedeu ó levantamento do cadaver.

    Redacción Barbanza