O BNG explicará en Boiro as vantaxes dunha tarifa eléctrica galega

    BOIRO> O BNG de Boiro denunciou esta mañá a pésima calidade do servizo eléctrico na nosa zona cando somos unha comunidade excedentaria deste tipo de enerxía. Apostan por unha tarifa eléctrica propia, e sobre este novo modelo informarán no acto que mañá xoves celebrarán no Centro Social boirense. 

     

     

    O BNG aposta por un cambio no modelo enerxético galego, que garanta a calidade do subministro e reduza as elevadas facturas que padecemos sobre todo nos últimos tempos. Por iso o BNG boirense anunciou que mañá xoves terá lugar un acto no Centro Cultural do concello para explicar á veciñanza a súa proposta: unha tarifa eléctrica propia galega, que non permita o beneficio do oligopolio eléctrico a costa da cidadanía. O BNG pide tamén que o IVE na luz se reduza ata o 4 por cento, posto que é un ben de primeira necesidade. Os nacionalistas criticaron tamén a actitude que tanto partido popular como Partido Socialista adoptan fronte a esta problemática, e denuncia a política de portas xiratorias que se vive no sector. O BNG anima á cidadanía boirense e da comarca a asistir mañá xoves, a partir das oito e media ó acto que terá lugar no Centro Social de Boiro, e así informarse e unirse a loita contra esta inxusta situación que todos padecemos.