OUTES> A última xunta de goberno local deu luz verde á licitación de varias obras correspondentes ó Plan de Obras e Servizos Adicional de 2022 da Deputación da Coruña dirixidas principalmente á mellora de núcleos interiores en varias parroquias do Concello, así como tamén ó adecentamento de camiños e viais.
O orzamento destas actuacións ascende a preto dos 300 mil euros.
O alcalde tamén informaba de que están pendentes de adxudicación ou xa adxudicadas outras actuacións con cargo ó Plan de Obras e Servizos de 2022 da Deputación como é o caso da mellora dos interiores do lugar de Crespo e da rúa da Braña.
A estas obras haberá que sumarlle tamén segundo el as actuacións incluídas no programa Agader da Xunta.











