RIBEIRA> Persoal de Linorsa, a empresa concesionaria do servizo de limpeza do hospital do Barbanza, concentrouse novamente para protestar polo atraso acumulado no pagamento das súas nóminas. Actualmente débenlles unha mensualidade pero veñen sufrindo numerosos retrasos. Os afectados xa avanzaron que continuarán coas concentracións de non regularizarse o cobro de nóminas, porque lles afecta gravemente nas súas economías familiares. Desde a CIG instan a Sergas a mediar no asunto para que esixa a Linorsa o pago das distintas percepcións salariais. De non ser así, apuntan, correrá risco a calidade do servizo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia