Lao Santos toma o relevo de Juan Noia no banquiño do Rasu

balonman250_101109.jpgSALNÉS> Os malos resultados do equipo senior propiciaron a destitución de Juan Noia. Lao Santos volve ó Rasoeiro ano e medio despois de deixalo.

As derrotas continuadas do Rasoeiro precipitaron a destitución de Juan Noia como adestrador do equipo senior de Primeira Autonómica.

As lesións e as limitacións de efectivos mermaron as posibilidades do Rasu neste primeiro tramo de temporada o que os colocou na última posición do seu grupo.

A xunta directiva escolleu a un adestrador da casa para reconducir o rumbo do conxunto grovense. Lao Santos fíxose cargo dende onte do equipo.

Coñece a case todolos xogadores, pois a moitos xa os dirixíu hai duas temporadas. O seu obxectivo será recuperar animicamente ó seu plantel e conducilo ata a permanencia.

Redacción Salnés