Ribeira acollía esta fin de semana o Trofeo Ramiro Carregal de Optimist

RIBEIRA> Na Regata 50ª Aniversario do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, clasificatoria da clase Optimist, tomaron parte uns 150 regatistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia, as verdadeiras promesas da vela galega.

En categoría masculina o trunfo foi para Fernando González del Castillo, do Real Club Náutico da Coruña que se impuxo ó vigués Paco Riveras e ó regatista local, Bruno Iglesias.

A campioa feminina da cita foi Carolina Comesaña do Club Marítimo de Canido, sexta na clasificación xeral.

O trunfo na categoría sub-13 masculina foi para Luís Wizner, e a feminina para Laura Pérez.

No Grupo Prata a vitoria foi para Carmen Bermejo, do Náutico da Coruña, seguida de Enzo Ferrón, de co Náutico de Ribeira e Sara Reboredo do Náutico de Vigo.

Da regata saíu tamén a primeira convocatoria para realizar os adestramentos no Centro de Tecnificación de Vilagarcía, regatistas que representarán a Galicia nas vindeiras competicións nacionais.

A entrega de premios contou coa presenza do presidente do Club Náutico de Ribeira, José Luís Torres Colomer, de Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; e a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, así como tamén do empresario e mecenas da proba Ramiro Carregal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí