O Ames adxudícase o I Trofeo Porto de Vilagarcía

futbol250_310510.jpgVILAGARCÍA> O campo da Lomba acolleu esta fin de semana o I Trofeo Porto de Vilagarcía. Tratábase dun torneo de futbol para categoría prebenxamín no que participaron 16 conxuntos. Ó final o mellor foi o Ames que se levou o título tras superar na final ó Sálvora.

Gran ambiente de futbol o que se vivíu na Lomba durante toda a fin de semana. Uns 1.000 afeccionados, a gran maioría familiares e amigos dos pequenos xogadores, déronse cita onte no estadio vilagarcián para presenciar as roldas finais do campionato.

E foi o Ames quen se levou o primeiro Trofeo Porto de Vilagarcía de futbol prebenxamín. O conxunto da comarca de Santiago fíxose co título con todo merecemento, logo de impoñerse na final ó Sálvora por un contundente 3-0.

Os conxuntos da comarca do Salnés e do Barbanza completaron un papel máis que digno. O mellor deles foi o anfitrión, o Arousa, que rematou terceiro logo de quedar apeado nas semifinais polo que logo sería o campión. Os vilagarciáns impuxéronse na final de consolación ó equipo compostelano do Conxo. Portonovo e Abanqueiro tamén accederon ás roldas finais logo de clasificarse entre os dous primeiros dos seus grupos. Non puideron loitar polos primeiros postos, aínda que finalizaron no cadro de honra. Tamén asinou unha boa actuación o Céltiga que pese a quedar fóra da pelexa polo título, foi quen de chegar ata a final no cadro paralelo destinado ós terceiros e cuartos de cada grupo.

En total foron 16 os equipos que tomaron parte neste I Trofeo Porto de Vilagarcía, que resultou ser todo un éxito no organizativo e no deportivo, polo que se agardan novas edicións en vindeiros anos

Redacción Salnés