A Xunta aposta polas novas tecnoloxías para saír da crise

    feijoo_copia100.jpgA TOXA> O Gran Hotel da Toxa acolleu a décimocuarta Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009.

    {flowplayer}images/salnes/TELECOMUNICACIONS.flv{/flowplayer}

    A celebración estivo adicada á Televisión Dixital, que entrará definitivamente nos fogares o próximo ano. A reunión, no que estiven presentes máis de 300 profesionais das telecomunicacións, abordou a nova forma de entender a televisión como o gran proceso tecnolóxico e social.

    O presidente da Xunta, afirmou que estase a traballar para que a nosa comunidade sexa a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións. O mandatario galego animou ós profesionais do sector a seguir innovando e traballando nestes momentos de crise para saír fortalecidos.

     Feijóo remarcou que a Xunta ten o firme propósito de seguir impulsando as telecomunicacións, baseándose nas súas fortalezas: o talento dos profesionais e das empresas, así como das universidades galegas. Incidiu, tamén, en lograr unha cohesión social interna e potenciar a Galicia global.

    Pola súa parte, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou que o Executivo autonómico está a facer unha gran inversión en infraestruturas de telecomunicación para determinar unha gran capacidade para competir.

    Redacción Salnés