Continúan en punto morto as negociacións polo novo convenio colectivo do sector da conserva

VILAGARCIA> Sen avances nas negociacións entre os sindicatos e a patronal polo convenio do sector da conserva. Segundo indican dende a CIG, nas reunións mantidas esta semana as posturas están lonxe de chegar a un entendemento. Con pequenos avances, os puntos máis distantes atópanse na brecha salarial e na xornada laboral.

Os sindicatos e patronal tiveron retomaron de novo esta semana as negociacións polo convenio do sector da conserva. A pesar de traer a reunión para Galicia, a xuntanza rematou de novo coas posturas de ambas partes lonxe de chegar a un entendemento. Entre os puntos máis distantes atópase a brecha salarial nun sector onde a presenza feminina supera o 80%.

O outro punto máis conflitivo é a xornada laboral, xa que a patronal queren aumentar as horas anuais e incluír as fins de semana.

A pesar destas diferencias, a reunión tamén deixou pequenos brotes verdes, como o aumento da cobertura dos accidentes laborais.

Outro punto no que as partes se achegaron foi no relativo aos recoñecementos médicos.

O vindeiro encontro entre ambas partes terá lugar o próximo día 10 de novembro en Madrid. Á marxe do que aconteza nesa xuntanza, dende a Cig comezarán xa coas mobilizacións polas diferentes fábricas para informar aos traballadores e traballadoras da situación na que se atopan as negociacións.