Segunda visita do Delegado do Goberno a Vilagarcía nunha semana

    anton_100.jpgVILAGARCIA> O Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro Goyanes, visitou esta mañá Vilagarcía. Neste acto institucional, o representante…

    {flowplayer}images/salnes/290509_anton_louro_vilagarcia.flv{/flowplayer}

     … do goberno central reuniuse cos voceiros dos grupos políticos municipais, asinou no libro de honra do concello e, o máis importante, mantivo unha xuntanza de traballo ca alcaldesa local, Dolores García. Nesta xuntanza abordáronse cuestións fundamentais para o desenrolo deste concello nos próximos anos, como é o proxecto do Paseo marítimo de Ferrazo, ou o vial do Porto, un proxecto este último que sofre un pequeno atraso polas condicións intrínsecas da obra, pero que conta co correspondente orzamento necesario para a súa finalización.

    Alcaldesa e Delegado falaron tamén de proxectos como o do mantemento do gabinete de circunvalación ferroviaria.

    Louro Goyanes repasou tamén outras actuacións que vai a desenvolver o Goberno estatal neste Concello, como a execución do novo cuartel da Garda Civil, cun orzamento de 5 millóns de euros; ou outras obras dependentes de Costas do Estado. O delegado tamén fixo un cumprido resumo do estado de execución por tramos do que vai a ser o Eixo Atlántico de Alta Velocidade que beneficiará no futuro a esta cidade.

    Con todas estas actuacións, Louro asegura que a competitividade deste concello e da comarca está garantida no futuro.

    Redacción Salnés