O Polígono A Pedreira sufre continuos e violentos roubos nas empresas

    MEAÑO > Fai xa un ano que as empresas do Polígono A Pedreira de Meaño levan sufrindo roubos cada vez máis violentos e continuos. O último rexistrouse  na empresa ‘Maderas del Salnés’, os asaltantes cortaron o tendido eléctrico e romperon  unha fiestra para roubar arredor de 300 euros. Os empresarios cren que a unión entre todos os polígonos é a única solución para evitar estes roubos.

    Dende o mes de agosto do pasado ano as empresas do Polígono a Pedreira de Meaño levan sufrindo continuos roubos. Cada vez os asaltantes están mellor preparados e as alarmas non son un obstáculo para eles. Unha situación que lonxe de desaparecer, irá en aumento.

    O último suceso ocorreu esta fin de semana, aproveitando esta xornada festiva achegáronse ata a empresa ‘Maderas del Salnés’ onde cortaron o tendido eléctrico cun machete para anular  a alarma e levaron arredor de 300 euros. 

    Os empresarios ven na unión de todos os polígonos a única solución viable. Deste xeito poderían contratar un sistema de vixilancia común para todos xa que este tipo de roubos son comúns en todos os polígonos da comarca.

     

    Redacción Salnés