A Xunta unificará a velocidade límite da autovía a 120 antes de fin de ano

    almorzopp_30112009.jpgPOBRA> Así o anunciou o portavoz parlamentario, Manuel Ruíz, no transcurso dun almorzo celebrado cos colectivos sociais e económicos do municipio.

    O obxectivo deste encontro, que xa se ten desenvolvido noutras comarcas de Galicia, é achegar a actividade parlamentaria á sociedade.

    Na sesión desenvolvida no restaurante da Terraza de Chicolino na Pobra, o voceiro parlamentario dos populares, Manuel Ruíz, expuxo moitas das iniciativas levadas a cabo polo grupo popular. Entre elas, a reparación das deficiencias da autovía do Barbanza na que, aproveitou para anunciar, que neste mes de decembro se unificará a limitación da velocidade.

    {flowplayer}barbanza/almorzopp.flv{/flowplayer}

    Tamén, en resposta ás moitas preguntas formuladas polos asistentes repasou as xestións realizadas sobre o polígono comarcal, pendente dun informe da Consellería de Medio Ambiente, ou a redución das listas de espera no hospital do Barbanza.

    Promoción turística

    As iniciativas desenvolvidas no eido do sector turístico tamén ocuparon boa parte do coloquio, coas axudas derivadas do Xacobeo, a promoción das festas de interese turístico ou a necesidade de que a illa de Sávora sexa transferida á comunidade galega.

    Tamén se abordaron as necesidades de saneamento da ría, as melloras portuarias, coa liña de atraques do porto exterior de Ribeira xa en estudo ou as distintas medidas no ámbito da sanidade e da educación, que supoñen o setenta por cento do orzamento xeral.

    Os populares tamén garantiron a total cobertura da TDT no Barbanza ó longo do próximo ano así como a inminente aprobación do Plan do Litoral. Tralo almorzo, os membros do grupo parlamentario achegáronse ata o polígono industrial da Tomada para visitar as instalacións da fábrica de conservas e conxelados Salica.

    Redacción Barbanza